Mi amigo Manuel me solicita la difusión del sorteo de libros que realiza la CM de la amistad gallego-portuguesa, algo a lo que me sumo con mucho gusto. Está escrito en gallego, si alguno encuentra dificultad en su lectura, me lo notificáis y os realizo la traducción.
Reglamento del Sorteo de la CM de la Amistad Gallego-Portuguesa:
1. Obxectivo
A divulgación da Cultura Marítima e do patrimonio material e inmaterial marítimo que nos teñen legado as comunidades mariñeiras así como o mar como medio natural, é a motivación que nos move, como administradores de blogues de temática marítima, a promover o Sorteo Cultura Mariñeira da Amizade Luso-Galega. Temos como principal obxectivo transmitir que un aspecto destacado da cultura mariñeira é a amizade entre os pobos, o respeto e o coñecimento mutuos a través do mar e, em particular, dos pobos galego e portugués.
2. Libros a sortear
2.1. Sorteamos os seguintes libros en galego:
- «O Patrimonio Marítimo de Galicia», de Dionisio Pereira. Editora FGCMF Oferta da Federación Galega da Cultura Marítima e Fluvial. Exemplar con dedicatoria e asinatura do autor.
- «Lanchas e Dornas», de Staffan Mörling. Editora Xunta de Galicia. Oferta da Libraría Sisargas
- «A Odisea», de Homero. Editora Toxosoutos. Oferta da Libraría Sisargas.
- «O bote polbeiro de Bueu», de Fidel Simes . Editora Xunta de Galicia. Oferta do Grupo de Cultura Mariñeira da Asociación Cultural O Xeito.
2.2. Sorteamos os seguintes libros en portugués:
- «Cais e Navios de Lisboa», de Luís Miguel Correia. Oferta do Autor. Exemplar con dedicatoria e asinatura do autor.
- «História do Batel Vae com Deus», de Raúl Brandão, Editora Edieum. Oferta da Livraria Luso-Galáica «Orfeu».
- «A noite abre meus olhos», de José Tolentino Mendonça, Editora Orfeu. Oferta da Livraria Luso-Galáica «Orfeu».
- «A Campanha do Argus, de Alain Villiers. Oferta de Mar Adentro Ventosga.
3. Participantes
Integran o sorteo os administradores de blogues escritos em calquera das línguas oficiais dos pobos da Península Ibérica, que participen realizando comentarios nos blogues promotores. O dereito a un boleto para o sorteo adquírese pola participación en cada un dos blogues promotores, ata un máximo permitido de seis boletos. Aos agraciados seranlles remitidos os libros ao enderezo postal que indiquen. O espazo xeográfico no que se desenvolve a iniciativa é a Península Ibérica, sen prexuizo de valorarmos a posibilidade de ampliar o ámbito territorial do sorteo en función das solicitudes recibidas e do eventual aumento dos gastos de envio que esto implique.
4. Período de participación
O período de obtención de boletos de participación decorre desde a publicación do presente Regulamento en cada blogue promotor ata o 31 de Decembro de 2007 (inclusive), realizándose o sorteo na segunda semana de 2008 no local das librarías promotoras a través do sistema da «man inocente», garantizando os responsables da libraría e dos blogues promotores a correcta realización do mesmo.
5. Libros en Língua Portuguesa
Sortearanse os libros en Língua Portuguesa entre os blogueiros que teñan participado nos blogues galegos en: Libraría Luso-Galáica «Orfeu», de Joaquim Pinto da Silva, en Bruxelas. Rue du Taciturne, 43 Willem de Zwijgerstraat Bruxelles/Brussels 1000 Belgique/België. Tfno: +32(0)27350077. Bitácora: http://www.orfeu.net
6. Libros en Língua Galega
Sortearanse os libros en Língua Galega entre os blogueiros que teñan participado nos blogues portugueses na: Libraría Sisargas, de Roberto Castro, en Rúa Curros Enriquez, 9 15002 A Coruña Galiza Tfno: +34(0)981200082. Correo Electrónico: libreriasisargas@gmail.com
7. Blogueiros promotores:
Sailor Girl, do Blogue «Atlântico Azul»
Luis Miguel Correia, do «Blogue dos Navios e do Mar»
João Veiga, do Blogue «Mar Adentro-Ventosga»
O Fartura, do Blogue «Singradura da Relinga»
Manuel, do Blogue «Homes de Pedra en Barcos de Pau»
Lino, do Blogue «Amigos da Dorna Meca».
8. Blogueiros adheridos:
Adquiren o estatuto de blogueiro adherido ao Sorteo CM da Amizade Galego-Portuguesa todos aqueles que nos seus blogues publiquen unha entrada co presente Regulamento e inclúan as ligazóns dos blogues promotores nas súas recomendacións, comunicándollo a Sailor Girl e a O’Fartura, o que lles confire o dereito á obtención de sete boletos suplementarios de participación no Sorteo.
Amigas e amigos, ata o 31 de decembro do 2007 administrar un blog e navegar participando activamente nos blogs promotores do Sorteo CM da Amizade Luso-Galega da dereito a premios!....Sen máis recibe un abrazo mariñeiro.
Anímate a participar e sorte!!!...







que tengas una buena noche.
un abrazo.
Gracias por tu visita; lo mismo deseo para tí.
Abrazos.
Además buen amigo:-)
Besos
Mar,
Tal vez lo sea, tú...¡Lo demuestras!
Besos, amiga.
Gracias José por haber colocado las bases del sorteo en tu blog.
Pronto publicaremos el listado de blogers colaboradoes de la idea , entre los cuales por supuesto figuraras tu.
Apertas mariñeiras.
PS: Giverny, no lo dudes , José es una gran persona y un excelente amigo.
Manuel,
Me abrumas......
Un fuerte abrazo.
Assunto: I Grande Sorteio «Cultura Marítima» da Amizade Luso-Galega!...
Peço-vos que vão todos votar SIM no questionário que colocámos na coluna da direita do Atlântico Azul e na coluna da esquerda da Singradura da Relinga!!!
Xenial, no???
:-)
OBRIGADA!!!...
Sailor Girl,
Boa noite, eu vi seu web e eu votei en ela.
Meus agradecimentos para seu visita.